lunes, 1 de abril de 2019

EU NOBRE BRUTO (Sindo Villamayor)

Eu
nobre bruto
con ollos de parasito
atopei para Tareixa un poema
unha oración
unha estampa

“non volverei repetir o seu nome
pois posúo a virtude de esquecer.
Abonda ver o corpo roto e sen ás
na altura das iconas

as paredes da cara e o seu perigo
 nesta pregaria dos ósos
no tesón dos sen nome".

5 comentarios: