miércoles, 27 de marzo de 2019

O PORTAL DO CASTRO (Javier de la Iglesia)

Estar en Castrolandín sempre é relaxante e inspirador. Neste lugar me atopo, sentado nunha pedra baixo unha árbore invernalmente espida, mirando dende aquí arriba o pobo de Cuntis, terra fermosa e acolledora na que me sinto un pouquiño adoptado pois meu pai naceu por estos lares, sacando da mochila a que as veces é a miña compañeira de escapadas: a miña libreta dos relatos.
E como galego que son, son galegofalante, algo do que me sinto realmente orgulloso ainda que non adoito escribir na nosa lingua. Pois hoxe apetéceme facelo. Será a máxia que se respira aquí arriba no castro de Castrolandín a que me anima a escribir no idioma da terra que veu como eu chegaba a este mundo.

O PORTAL DO CASTRO

Saín coa única intención de deixar que o son do ar guiase as rodas do meu coche e aquí me atopo aparcado. Nada máis abrir a porta puden respirar a brisa fresca desta tarde de inverno. Resulta ser pura e limpa aquí arriba. Era una verdadeira fermosura ver estes restos arqueolóxicos que evocaban a pasado. O son do río que pasa máis abaixo fai que este lugar pareza máis máxico ainda.

Nunca estivera aquí a pesar de oir falar deste sitio. Era tan fermosamente solitario que invitaba a quedarse tirado na herba esperando a que as estrelas aparecesen na bóveda celestial.

Subidas e baixadas do terreo alternabanse entre estas pedras milenarias e miles de recovecos bonitos formaban este lugar bañado polo frio vento. E descubrindo todos os recunchos, un especialmente bonito chamou a miña atención nunha das partes máis escondidas, preto duns piñeiros nunha das ladeiras. Era como unha entrada a unha especie de mina, un burato no terreo medio tapado por unha especie de planta autóctona. Achegueime. O solo ali era de terra, nada de herba. Apartei a planta e mirei hacia dentro alumando ca luz do móvil. Parecía ser un pasadizo profundo e escuro que invitaba a entrar e explorar, cousa que fixen. A medida que avanzaba o son da brisa deixaba de oirse e parecía respirarse un aire cargado e especial.
Pronto non tiven necesidade de levar a linterna do móvil pois os meus ollos acostumáronse e a cova parecía albergar unha especie de rara e tenue luminosidade. Estaba empezando a sentir unha especie de mareo, como se empezase a entrar nun estado de trance no que parecía sentirme flotar, que me angustiaba pero seguía invitándome a quedar, oindo sonidos, como se milleiros de persoas pasasen o meu lado, pero o certo e que non había ninguen. Empecei a oir voces, voces de xente entonando unha especie de canto como se me atopara nun aquelarre. Os nervios empezaron a facer mella en min, pero seguía andando máis adentro como se unha forza sobrenatural me arrastrase. E de repente empecei a velo, borroso, como se estivera nun estado de sopor extraño e confuso.
Rodeándome empezaron a aparecer seres extaños, uns elfos que se despegaban das paredes e me elevaban no aire levándome máis e máis adentro, nas profundidades do castro. Non era dono do meu corpo cando vin aparecer aquel fermoso lugar. Todo era luz e paz a pesar de haber miles de seres que se reunian en torno a una muller vestida de longo con flores formando a súa longa melena. Era unha fermosa fada á que todos adoraban. E sen saber cómo, pois seguía a ver todo borroso, facíase un corredor polo que os elfos me levaban en voandas ata aquela máxica muller. Vinme diante dela de pé. Acercouse a min e susurou algo que non puiden entender a causa de todos aqueles seres un pouco extraños que seguían entoando unha especie de canto murmurador.

Aproximouse máis e colleume as mans. Nese momento unha enerxia moi forte e agradable recorreume o corpo e sufrín unha especie de visión. Dun momento a outro atopeime noutro lugar descoñecido, rodeado dunha mesta natureza, nun lugar moi agradable onde había un gran lago. Do medio das augas vin sair a fada cunha persoa espida nos seus brazos. Achegueime. As pernas empezaronme a fallar cando vin que a persoa que levaba nos brazos era eu. Estaba durmido no colo daquela muller que flotaba no medio do lago. De pronto aflorou un home de longa barba cunha caracola de pedra na súa man. Encheuna con auga e tirouna por encima de min mentras a fada decia: “Ven a nós”

A sensación de verme dende fora do meu corpo era algo moi inquietante e agobiante.

Cando aquel home acabou de botarme a auga de caracola de pedra, a muller acercou os seus beizos os meus e soprou. Nese momento abrín os ollos e levantei lixeiramente a cabeza mentras ela entoaba unha especie de rezo. E dito isto, faloulle as miles de persoas pequenas que foron aparecendo de entre as preciosas especies vexetais de aquela fermosa natureza:

* Demos a benvida ó novo membro da nosa comunidade.

E todos gritaban en señal de acollida mentras eu miraba, fora de min, o meu corpo nos brazos da fada.

* Cruzando o umbral decidiches non volver atrás. Todo empeza de novo para ti – díxome a máxica muller.

Entón gritei e sacudin as mans fortemente. Aquel lugar desapareceu e volvin a estar na cova, diante de aquela muller que me acababa de soltar as mans. O medo empezou a encherme como se substituise o sangre do meu corpo. Ainda que volvia a sentirme naquel sopor, empecei a andar hacia a entrada agarrándome nas paredes. Miles de elfos volvían a separarse das pedras que formaban aquela especie de mina, aprecendo da nada. Impedíanme o paso facéndome tropezar. Un son moi forte invadía os meus oídos. Todo era angustia e dor na cabeza, visión borrosa no medio daqueles seres que non me querían deixar sair. Empezaba a costarme respirar cando vin a luz ó fondo, a entrada. De pronto, os elfos paráronse e deixáronme avanzar sen traba, co meu andar atontado e torpe. E a medida que me acercaba a entrada da cova, ésta parecía alonxarse. Era imposible chegar. Asi botei horas ata que caín no chan rendido e escoitei unhas campanadas…

Abrin os ollos. Estaba tirado na herba. Incorporeime respirando o ar da cima do castro metras oía as campanadas da igrexa do pobo que estaba ó fondo. Suspirei tranquilo pero ...Cando me quedei durmido? Levanteime un pouco aturdido e seguin volteando o castro inspeccionando o que ainda non vira e sacando o medo do corpo.

Cando xa estaba chegando o final da miña visita, vin un recuncho que se me facía familiar: a entrada á cova do soño. O meu corazón empezou a latexar forte de novo a medida que me acercaba. Cheguei a un punto onde non había herba, so terra. Vin no chan una marca dunha pisada co mesmo debuxo da miña bota. Puxen o pé encima. Encaixaba a perfeccion. O suor aflorou. Acerqueime a entrada con moito coidado de non cruzar. Alumei co móvil e vin que algo brilou no chan como dous metros adentro. ¡Non podía ser! Mirei a man dereita. A pulseira de aceiro que levo sempre non estaba posta. Estaba tirada dentro da cova. Separeime hacia atrás dun salto, paralizado, oindo o rumor do rio de máis abaixo.
 Sequei o suor da frente e dispuxenme a alonxarme de ali. A marchar. E cando xa me dera a volta, do interior da cova saiu unha voz susurrada con eco:

“Volverás”

4 comentarios:

  1. Ángeles Madriñán27 de marzo de 2019, 12:55

    Sempre me gustaron as lendas. Ese universo máxico a beira de nós. Un pracer ler o teu relato Javier.

    ResponderEliminar
  2. Relato fermoso e a vez engaiolante. Ten momentos moi intensos e evocadores cunhas descripcions moi precisas e contundentes.
    Parabens

    ResponderEliminar