martes, 30 de abril de 2019

A FESTA DO PATRÓN (Ángeles Madriñán)

Xa van alá tres décadas, pero lembro que alí fun, como moitas veces iría despois, pola festa do patrón. Calada como era o meu ser e mergulleime naquela casa palpitante e bulideira. Tan distinta á miña. Tan igual no fondo das cousas. No querer mesmo que sustenta o sentir. No afecto envolvente dos teus. E abríronme as portas sen gardar aparencias. Tal cal eran. Sinxelos. Alegres. Turrando da vida co que tiñan a man e fun unha máis no ferver doméstico do San Bieito : – Nena , lava as leitugas.- - Mengana faille o adobío á ensalada.- - Zutana poñede a mesa e mirade que non falte nada.- -Rapazas, hai que ir de contado á taberna polos encargos de última hora. O vinagre que anda escaso. Os limóns que esqueceron.- - E as pequenas ? que andarán facendo que non se escoita un chío?  Mala cousa, ide mirar delas.- O tempo enchíase de certezas. De enérxicas voces que sinalaban as tarefas. De troula de rapazada no seu quefacer incansable. De ledicia ao cabo.

Logo, contra a unha, viña a misa cantada. De obrigada asistencia. A roupa nova e o pano no peto. O recado da nai en forma de interrogante sempre despois do bico. - Levas pano? E ti acenando coa cabeza en sentido afirmativo. Coma se ese anaquiño de tea te fora protexer do mal que hai no mundo. Coma un amuleto coas iniciais bordadas.

Deseguido a procesión do Santo. Silencio. Devoción. Os foguetes que botaban dende a carballeira que está detrás do atrio e a sesión vermú. Estrondo. Vanalidade. Todo invariable. Ano tras ano. Amarrado ao tempo. Como senón puidera ser doutro xeito. De volta, o xantar barulleiro pintado de fartura. – Como nena, come do que che guste. Ou non tes fame .? Coidaban de min, fraca e esbrancuxada .E ti apoñíaslle un – deixaa tranquila avoa - e ela reviraba o xesto contrariada, como se pensara que os novos non entenden nada. Un xesto de muller forte. Con nervio. Que rifa coa vida cando esta se pon de cu. Que bota a sota de ouros e deféndea coma se fora o último bastión, premendo nas cartas cun aquel de raza. Unha estirpe á que tamén pertencía túa nai, por moito que ela fora sogra. As dúas alleas á fraxilidade. Espelidas. Dispostas. Co mandil de cadros anoado ás costas. Amañando canto había que amañar.

A baralla no mantel de hule. As rifas pola pouca ganancia. Pola nula perda. A fama de bo xogantín. O café con gotas. A tarde enteira pendentes da brisca. A botella de chisca permanentemente na mesa. As miradas concentradas e inquisitivas na busca das señas. O que chiscaba o ollo con disimulo. O que sopraba con suavidade, coma sen querer. O que sempre poñía paz para acalmar algunha lea. Cousa de pouca substancia. A auga sempre volvía ao rego.

Na cociña a rima de pratos sucios. A mestura selvática de garfos, coitelos, culleres de café, ensaladeiras, espumaderas, potas, escorredoiros, copas grandes e pequenas, xerras do viño... O enxoval disposto para a fregadela. O feminino. A illa que nós habitabamos.

Pola noitiña o campo da festa cheo de chilindradas. A ansiada verbena. E nós aduanando pola casa adiante ao son do ritmo de Pachi e Carme ou da orquesta de turno. Festeiras. Expectantes. Baixabamos alasando os chanzos de ladrillo con tanta festa dentro coma fóra, mentres soaban pasadobres, rumbas e algo de música pop daqueles anos oitenta de ombreiras desafiantes e pantalóns de cintura alta que disque volven estar de moda. “High waist”, seica lle chaman agora. Ata para mercar no Zara de Ourense hai que saber inglés !

Por riba de todo eramos felices, choutando no campo coa luzada acesa e a vida por diante. Cando o silencio cubría a noite alancabamos polo souto cara á casa e entre sorrisos cómplices e unha amizade desbordante pechabamos os ollos cansos.

Xullo na memoria ten a cor deses días calorosos. A sospeita de que a facilidade coa que vivíamos, coa que nos queríamos era a mellor excusa para ter sempre un territorio ao que volver.
Mentres deluvabamos os ollos , aínda presos de lagañas, abríamos a fiestra do cuarto de par en par. O domingo erguíase prometedor. Anunciábase no rechouchío dos paxaros da hortiña de detrás. No saúdo das galiñas encerradas tras unha malla metálica que parecían responder á ledicia toda estirando o pescozo para ser participes de canto sucedía. Na charanga que acomodada no remolque dun vello tractor Barreiros ía de porta en porta coa súa melodía. No bater de cazolas. Na chifrada da carne cocida a referver. Nas bucinadas da furgoneta branca do panadeiro. No bule-bule daquela requitropa para reproducir de novo as mesmas rutinas que o día anterior. Porque de ser feliz un nunca se cansa. Lembras que cho dixen hai pouco. Alí fun moi feliz.

“ Quién dice que se olvida. No hay olvido”, escribiu o poeta Luis Cernuda con acerto. E así, eu lembro. Lembro sempre aquel tempo noso. O tempo no que os amigos son familia.

martes, 23 de abril de 2019

CONFUSIONES (Javier de la Iglesia)

Ahí estas de nuevo invadiendo mi interior. Siento como vas creciendo hasta ponerme verde. Quiero vomitarte, que esa persona cínica que tengo delante de mi quede pringada de ti porque simplemente se lo merece, tan pringosamente impregnada que no sea capaz de mover los labios para rebatirme pues es la que más tiene que callar. Mi demonio me anima después de lo que me soltó por esa viperina boca sin razón de ser, me empieza a provocar el vómito, pero mi ángel lo frena. Me dice que cuente hasta diez y si diez son pocos que cuente hasta donde haga falta. Bien pensado, ese… “personaje” no merece ni diez números de mi valioso tiempo.


¿Pero qué le pasa a la gente últimamente? Parece que todos te llevan por bandera de forma exagerada y equivocada. Te usan para hacer daño gratuitamente escudándose detrás del: “Yo es que no puedo callarme, soy así. Pero desde el respeto y con cariño” Si, si, desde el cariño pero suelta el dardo más envenenado que la manzana de la madrasta de Blancanieves. Y eso de respeto…. Bueno dejémoslo ahí.


Estoy de acuerdo, sí. Eres buena pero tampoco hace falta abusar de ti. Las cosas en su justa medida son las perfectas. Y perdona que te lo diga pero yo muchas veces, casi siempre, pues mi ángel suele ganar a mi demonio, te contrarresto con algo que se llama tacto. Reconócelo. Sales perdiendo la mayor parte de las veces que te enfrento a él, volviendo a quedarte en mi interior porque no siempre hay que usarte. Mi paciencia me ayuda a contenerte en mi estómago. Ya llegará el momento oportuno de hacerte salir. Además, que me haga el tonto no significa que no me entere de las cosas. A lo mejor son los demás los que si se creen que no me doy cuenta de la realidad y es entonces cuando yo me pregunto: ¿En quién está la tontería? Mira:
los que siempre te usan en todo momento son los que no conocen nada de esa palabra que te pronuncie hace unos segundos: el tacto


Oye, aclárame una cosa ¿Por qué los que te llevan como escudo son los que menos aceptan las críticas hacia ellos? No me dices nada ¿No? Tú silencio ya habla por ti. Tú tampoco sabes contestar. Te voy a decir yo una cosilla que pienso sobre esa gente de la te estoy haciendo mención: “Consejos vendo que para mí no tengo”


Y ahí está otra vez, soltando por esa boca maligna disfrazada de monja boba opiniones que nadie le pide, usándote otra vez para mortificar. Lo malo es que esta vez ofendió a mi ángel y mi demonio salió a defenderlo, provocándome el vómito irrefrenable de ti mientas a mi angelote parecen habérsele olvidado los números del uno al diez.


Abro mi boca y lo suelto todo satisfactoriamente. Cuando termino veo a esa persona delante de mí, totalmente cubierta de ti, hasta tal punto que quiere abrir la boca, pero tú, pegajosa como estas, no se lo permites; y haces bien porque no puede rebatirme nada de lo que le solté encima pues es la que más falsedad lleva dentro.


Me siento relajado y victorioso, exorcizado de ti, de tanto tiempo que llevas poseyéndome y esta vez no acudí al tacto, aunque si a la educación. La verdad es que a veces hay que escupirte. Pero hay una diferencia. Yo si te he usado muy justificadamente, no como esas personas que a menudo te confunden. Confunden tu nombre, “sinceridad”, con otra cosa muy distinta que se llama “falta de respeto”

viernes, 19 de abril de 2019

O RETORNO DAS HORAS FERINTES(José Manuel Bouzas Blanco)

A chalana avanzaba paseniño mar a dentro, na procura dos raios espidos do sol que lucían refulxentes no horizonte. Canto máis vogaba, semellaba estar máis afastado. O infindo despregábase ante min, de xeito cegador, irremisiblemente engaiolante e fermoso. Entón, púidome o cansazo e detívenme; crucei os remos e limpei as mans, camuflándoas no peto.

O mar en calma golpeaba rítmica e harmoniosamente, aloumiñando o esqueleto da chalana. Esta comezou a xirar sobre o seu propio eixe. De súpeto, sentinme alterado. Tremín e perdín a consciencia, retendo tan só o agudo trino duns cormoráns que me facían compaña aferrados á proa. Fixei a miña vista na dos paxariños e botei unha ollada interior da que quedei prisioneiro.

Cando me decatei estaba máis afastado da beiramar, pero igualmente afastado dese punto radiante no horizonte. Derredor, todo estaba sumido nunha eterna e ameazante escuridade.

Dende entón, o meu maxín xira vertixinosamente, sen permitirme avanzar nin por elo retroceder.

-“Onde estás, meu amor?” Berrei desesperadamente, en tanto un estraño arrecendo me envolveu. Era unha fragrancia allea, pero nin moito menos descoñecida. Decateime que ao meu carón tiña a túa chambra de lá. Con ela enxuguei as miñas bágoas e lembrei, desesperadamente, que no fondo do mar xacía un corpo cómplice e, na superficie, un sentimento de culpabilidade que me illa e a miúdo me atormenta. Un pesadelo máis ancorado na miña existencia; un de tantos, tan diferente e mesmamente semellante a todos os demais que me fan sentir culpable alí onde me atopo.

Naquel intre soou o espertador. Estaba en terra firme e ben plantado. Achegueime á fiestra, descorrín as cortinas e vin, abraiado, escurecerse o firmamento, caer o sol e esmorecer a tarde

jueves, 11 de abril de 2019

PLANNING (Ángeles Madriñán)

Los lunes salgo a la calle
con la entereza de una promesa
me pongo gafas de sol
como los buenos jugadores de póker
para que nadie adivine
mis buenas intenciones
sería horrible, una flaqueza


Los martes me dan ganas
de pedir una excedencia
del eufemismo
para poder caminar sin ocultarme


A mitad de semana
casi todas las frases
me suenan a anuncio, a proclama, a slogan o a excusa,
y casi ninguna
a sentimiento
voy perdiendo la entereza, lo noto

Casi todas las palabras que escucho
ejercen de coartada, de censura
para no ser lo que irremediablemente somos

Comparto videos de gatos
hablo del tiempo con las dependientas
ahogo los silencios en twitter
y así conquisto los días que restan
sin decir nada


Como los buenos genocidas
aniquilo cualquier posibilidad de redención
sepultó bajo toneladas de propaganda
la mujer que soy


El domingo descanso
hablo conmigo misma
para saber si aún sigo cuerda

lunes, 1 de abril de 2019

EU NOBRE BRUTO (Sindo Villamayor)

Eu
nobre bruto
con ollos de parasito
atopei para Tareixa un poema
unha oración
unha estampa

“non volverei repetir o seu nome
pois posúo a virtude de esquecer.
Abonda ver o corpo roto e sen ás
na altura das iconas

as paredes da cara e o seu perigo
 nesta pregaria dos ósos
no tesón dos sen nome".