lunes, 29 de junio de 2020

A CITA (Ángeles Madriñán)

—Ti a que pensas que viñeches aquí, non te fagas a parva agora — dio ao tempo que a suxeita con forza. Unha man na cintura e outra na caluga. Sen escapatoria. E o bico tan desexado semella unha imposición. A lingua rastrexa nas enxivías. Está acurralada . Nas poutas.

No rostro do rapaz debúxase unha mestura de impaciencia e excitación. Unha determinación forte que ela nunca vira antes. E decatándose do que sucede, el quere suavizar a orde e levanta unha man baixándolla polo pelo longo, deslizándoa con coidado para que o xesto desvirtúe a dureza do reproche. Pero ese aceno non é convincente .Non serve para borrar o medo que prendeu nela. A intuición que a fai recuar un paso cara atrás, a escasa distancia que a separa da porta do pequeno baño, e coas mans ás costas, como sen querer anunciar a súa intención busca ás apalpadas coa punta temblorosa dos dedos o pecho. Non sabe se aínda está a tempo de dicir que non, pero repite un feble — non, non— Está pálida. Treme visiblemente, sentíndose en certo modo culpable do encerro. Foi a ata alí voluntariamente. —Mira que son parva— pensa para si. Un repentino pudor fai que arranxe a roupa . E nun segundo vírase e sae correndo provocando estrañeza no seu acompañante e entra no salón ateigado, avanzando entre os corpos entrelazados sen facer caso as poucas miradas que reparan nela. No seu torpe e apresurado avance guinda unha silla e apiques está de caer o chan porque está moi esvaradío. Unha pátina de cervexa, xenebra e refrescos verniza a baldosa. Xa na rúa o frío da noite acoitélalle a ferida, é o vómito ábrese paso implacable. @loboferoz virtual, guapo. Quedaran para coñecerse. A festa rematou Carrapuchiña.

1 comentario:

  1. Que inquietante e angustioso. Provoca certo nerviosismo cando empezas a ler e te pos na pel da protagonista. Encantame que un relato me faga experimentar sensacións ainda que neste caso non sexan boas. Moi ben.

    ResponderEliminar