lunes, 13 de abril de 2020

SEN TÍTULO (Xosé Martíns)

Rotura no espazo tempo.
Percátate de que non queda nada.

Non hai bosque.

Non hai lúa.

Non hai mar.

Só queda un éter eterno,
unha constante baleira,
un suspiro que enche pentagramas.

Silencio nunha páxina en negro.

Un zurcido no recordo que deixa entrever a memoria.

Só queda andar un camiño na penumbra.

Só quedas ti, pobre Narciso...

Que o teu reflexo non te fatigue,
que o silencio non te rompa...

Non hai rúas.

Non hai pedras.

Non hai máis...

1 comentario: