martes, 24 de marzo de 2020

O NENO DO TAMBOR (Fernando González)


Para Beti…

O NENO DO TAMBOR

Tamborileiro que tocas
nas rúas de Compostela,
tes na mirada una pena
que fere a alma enteira.

Os sons nobres dos teus redobres
fan o ceo chorar,
con bágoas de mil lembranzas
que  saen do teu fogar.

Unha esmola vai caendo
no teu peto de mendigo,
coma un ferro fervendo
que che queima o corazón.

Mil peregrinos que pasan
á túa beira satisfeitos,
de chegaren á Catedral
cos seus pés desfeitos.

E ti tocas e tocas
con máis forza o tambor,
suplicando esa moeda
que che faga o día mellor.

Doce anos non cumpridos,
doce invernos de dor,
a música que ti tocas
é de doce amargor.

10 comentarios:

  1. Benvido Fernando, encantada de verte por aquí. 👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Garzas, Ángeles. Nin son eu moito destes medios. Unha aperta Cunteña.

      Eliminar
  2. Encantada de leer os teus poemas, ogallá o primeiro de moitos.

    ResponderEliminar
  3. Benvido. Esperando lerte máis veces por aqui

    ResponderEliminar
  4. Virginia Rodríguez G.14 de abril de 2020, 5:23

    Tamborilero de Compostela...con su mirada de pena...su figura se repite en miles de calles, en miles de ciudades del mundo bajo cielos indiferentes con su tristeza y sus sueños. Gracias Fernando por tan hermoso poema!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ainda que está inspirado nunha fotografía do século pasado, por desgraza, a pobreza se nas nosas rúas. Garzas, Virginia unha aperta.

      Eliminar
  5. Soy Beti, la "dueña" de tan hermoso poema que debiera acompañarse de no menos hermosa y conmovedora imagen que le da origen.
    Dónde podría yo encontrar las palabras que pudieran describir el momento en que el autor me lo obsequió!!! Estaba yo en su casa alojada, en su hogar, con su familia que es la mía, mi sangre... y recibo de sus manos tamaño obsequio, escrito en galego, conmoviéndome hasta las fibras más íntimas de mi ser... porque no se trata sólo de palabras sino también de un entorno de familia, sensaciones, imágenes, aromas, sonidos...
    Gracias Fernando por este poema que han de heredar mis hijas seguramente. Gracias porque sin gastar un céntimo me has dado uno de los obsequios más valiosos que pueda atesorar en mi hogar y en mi corazón. GRACIASSSSSS desde este corazón galego que está tan lejos de Galicia y que se mantiene nutrido de recuerdos como este...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os escritores galegos sempre atoparon rufio e alento na túa Arxentina querida. Grazas por tan fermosas palabras e por ser parte das nosas VIDAS.

      Eliminar