lunes, 4 de febrero de 2019

RECICLANDO/FILOSOFANDO (Ángeles Madriñan)

Guindo no lixo
pan reseso
macarróns con mofo
e reproches do mediodía


Ti que presumes de reciclar
separa
simplifica
Se me queres
queda
contedor verde, orgánicos


Se non me queres
marcha
lisca
contedor amarelo, plásticos


Pero non aguilloes
non rifes
non me manques
non enchas de tristuras
o contedor de papel

3 comentarios:

  1. Sabes que non son moito de poesias, pero as túas siempre me chegan dalgún xeito.

    ResponderEliminar
  2. Tengo que decir que no soy muy amante de la poesía pero también he de decir, con sinceridad, que esta me gustó.
    Javier de la Iglesia

    ResponderEliminar
  3. Grazas as dous. A poesía é o que un sinte cando a le. Eso é suficiente. O sentemento . 😘😘

    ResponderEliminar