lunes, 8 de octubre de 2018

Mexericas (Darío Novas)

Foi cara o alpendre e alí rastrexou con desinterese, como querendo facer tempo, na procura do cumprimento obrigado das ordes dun superior. Os nenos están para eso. Para obedecer. Máis non sempre. Hai circunstancias excepcionais que nos obrigan a tomar decisión en contra da orde establecida.
Sentiu remorsos pola súa fuxida, pero o medo anubráballe o siso. Ela viña dunha raza de mulleres valentes, afoutas, que lle facían fronte á vida. Anoxáballe agocharse coma un ratiño asustado nun recuncho.
O gume afiado da machada, a determinación nos ollos da executora, as mangas refucidas, os baldes cheos de auga fervendo e a encomenda que a avoa pronunciou dirixíndose a ela:
- Vai buscar unha vasoira vella o cuberto para limpar o sangue.
Foi oilo, e meu dito, meu feito. Votou a correr ás alancadas levada do demo cara ao vello alpendre. Alí matinou na procura dunha saída. Limpou a suor da fronte. A calor era abafante. Intentou adiar o desenlace. Ir para a eira cando xa todo estivera rematatado e só quedara ese cheiro acedo e graxo da morte, vernizando o luído lousado de pedra. Sentou no chan abatida pola indecisión e a temperatura e co siso entanguecido polo rastro vermello e estarrecedor. Sen querer adurmiñou.
Logo da soneca, deluvou os ollos preguizosa ao tempo que escoitou a voz condescendente e agarimosa da avoa, mentres lle premía un brazo para axudarlle a levantarse:
- Anda mexericas, esperta, mira que terlle medo os polos.

6 comentarios:

  1. Me gustó mucho este relato y más con ese final que no pensaría jamás. Mientras leía sentia la angustia que transmite, y al final acabé echando una risotada al leer la ultima frase. Muy bueno.
    Javier de la Iglesia

    ResponderEliminar
  2. Es muy buen relato, te mantiene enganchada hasta el final

    ResponderEliminar
  3. Grazas, esto é unha experiencia moi boa. Encantada de formar parte deste blog e a ver se entre todos turramos del. Cada un de nós aporta o seu xeito de escribir, de ver o mundo. Desexando ler a moitas e moitos compañeiros q faltan por enviar os seus textos. 😀💪

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito. Mismo me vexo no relato cando eu era unha nena

    ResponderEliminar
  5. Grazas Teresa. Cando un escribe un texto no que alguén se recoñece como ti me dis, sinte que consegiu o q quería lograr. Darlle voz a un sentemento.

    ResponderEliminar
  6. Moi chulo. Gustoume moito o final. Casi me vexo a min de neno jejeje

    ResponderEliminar