martes, 12 de noviembre de 2019

MÉRCORES CON M DE MENSAXE (Susana Perol)

Dende fai un tempo cada mércores de cada semana na cruz da parafarmacia de Mi Bebé A Estrada as mensaxes coma agasallos suspendidos no aire, quedan a cargo do viandante xeneroso que ergue a mirada e le paseniño, letra a letra. Quen as escribe só quere crear un espazo de reflexión, unha pausa coa palabra. Dende a palabra deter ritmo frenético da vida.
Velaí unha escolma dos Mércores con M de mensaxe para todos os lectores deste blog, para todos os que camiñan pola rúa Xusto Martínez e se deteñen á altura do número sete simplemente a ler. Grazas por adicarme ese minutiño. Hai poucas cousas máis valiosas que o tempo.


ANTOLOXÍA DOS MÉRCORES
- Non sei cantos lapis de cores terás, pero pintas moito na miña vida.
- Coñecinte, e a orde dos factores si que alterou o produto.
- Paseime “tres pueblos” queréndote.
- Se me trouxeches de cabeza é normal que poña o teu mundo patas arriba.
- Tanto preocuparse pola costa de xaneiro e resulta que era de baixada.
- Cada relixión cre no seu deus. Eu como te adoro rézoche a bicos.
- Entrena duro ata que teñas maniotas no cerebro. O resto só é modelar unha figura!
- As marcas están en Mi Bebé, o estilo márcalo ti.
- Non sei quererte sen pasarme da _____________________________ .
- De ilusións demasiado altas, nacen decepcións de vertixe.
- Ves o vaso medio baleiro? Escolle un máis pequeño. Velo medio cheo? Elixe un de tubo.
- A ti que sempre miras e ves: por persoas lendo coma ti, hai persoas escribindo coma min.
- Escribir é ese xeito de acariñarte que eu teño.

6 comentarios:

  1. Marvilloso repertorio y magnífico final, no podía ser mejor. Gracias por compartir esas "caricias.

    ResponderEliminar
  2. Nunha entrevista q publicou o Faro de Vigo o escritor Antonio Teijeiro dicía q “escribir poesía , moito máis q escribir poemas é unha actitude” . Coido que non hai mellor xeito de definir o que aquí vexo. Unha muller que escribe dun xeito moi poético e emprega o q ten a man no seu traballo, a cruz dunha parafarmacia q ven sendo un soporte pouco usual pero moi revelador. Unha actitude. A da paixón pola escrita. ❤️💛

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Orixinal é a forma de publicar esas mensaxes. O próximo mercores fixareime sen dúbida.

    ResponderEliminar