lunes, 5 de noviembre de 2018

ANTOLOXÍA POÉTICA PARA ADOLESCENTES. RECONTANDO. De como os contos teñen moito conto (Darío Novas)

PARTE I : DO FEMININO


1
Curso básico de vasoira
As vasoiras según e como
En vertical
se queres ser Cincenta
En horizontal e a carranchapernas
teñen mala prensa
pero permítenche voar
Se non arriscas non che saen ás


2
A bela insomne
Tomo demasiado café
para ser princesa
Imposible durmir
e agardar cen anos a que me salven

3
As raiñas do TikTok
As raiñas do TikTok
bailan frenéticamente
diante do espello
ofrecendo bicos e embigos
Espelliño, espelliño
quen é a máis fermosa da rede ?


4
Os lobos
E nós confiando
en canto hai de sólido
Alguén esqueceu dicirnos
que os lobos son quen
de derrrubar as casas de ladrillo
cando van en manada


5
Selfie
Devota da pedicura
Rebento armarios
Destapo embigos
Anuncio lentes
Bailo o son que me ditan
Presa das tendencias
Atea nas crenzas
Que será o seguinte
probar zapatiños de cristal ?


6
Conto de medo ou de como o lobo cambia de táctica
Estás en liña
E non contestasss
Díxolle o lobo a Carrapuchiña
Contesta xa!
Contesta
Contesta
(….) omitimos o insulto


7
Finais felices
Picarse no fuso da roca
ata que abrolle o sangue
mentres o príncipe sae ileso
E todo para que o conto
teña un final feliz

3 comentarios:

  1. Encantaronme o primeiro, o terceiro e o sexto. Parecenme moi bos para usar na aula. Quizáis poderias propoñelos a algún docente que coñezas de secundaria.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Noela, non sei se os docentes atopades utilidade nestes poemas para ensinar algúns conceptos, pero se é así non dudes en úsalos na aula. Creo que é difícil achegar a poesía en galego, aos adolescentes. Intentoo partindo da realidade na que se moven, que moitas veces descoñecemos os adultos e usando a súa linguaxe, a tecnoloxía, para reflexionar sobre o que se agocha detrás de moitas situacións que están normalizadas.

    ResponderEliminar
  3. Están todos xenial pero o meu preferido e o sexto. Unha forma moi orixinal de contalo.
    Javier de la Iglesia

    ResponderEliminar