martes, 5 de enero de 2021

GAÑADORES 1º CONCURSO DE MICRORRELATO DE NADAL DE A ESTRADA DAS LETRAS

 Por fin chegou o día!!

Achéganse os Reis Magos e con eles como avanzadilla temos aos gañadores do primeiro Concurso de Microrrelatos de A Estrada das Letras.

Ante todo agradecer a participación e a gran acollida deste noso primeiro concurso, sodes do mellorciño.

Tamén dicir que tódolos relatos serán publicados no blog nas vindeiras semanas, para que poidades desfrutar das grandes achegas que tivemos.


E sen máis anunciamos aos gañadores.

O primeiro premio é para o texto seudónimo Pomba mensaxeira: título Un Nadal Atípico. Autoría Rosa María Rey Buján.

segundo premio é para o texto seudónimo Agata Triste, título O Nadal. Autoría María del Carmen Nogueira Tallón.

Os noso parabéns ás gañadoras, os vosos textos serán os primeiros en ser publicados, ademais de poñernos en contacto directo con vós para darvos os agasallos pola vosa calidade de escrita.

Aos demais todo o noso agradecemento pola participación, non deixedes de estar atentos a cando publiquemos o voso texto, e agardamos vervos en futuros concursos.

Un saúdo e deica o próximo texto.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa ás gañadoras. Moitos parabéns.
    É unha maravilla poder contar con iniciativas como esta e poder participar nelas.
    Moitas gracias por este concurso que espero que sexa o primeiro de moitos

    ResponderEliminar