martes, 13 de octubre de 2020

ROSALÍA,A LUZ QUE ALUMEA O NOSO AMENCER. (Andrea Mosteiro Sanxiao)

 Rosalía deixou un camiño cheo de luz, que inspirou a Varela Buxán na súa andaina como escritor.

Naceron en distintos lugares (Lamas e Santiago de Compostela) pero, as súas vidas son semellantes. Os dous tiveron unha infancia difícil e dura; chea de mudanzas cada pouco tempo. Por exemplo: De Lamas a Cercio e de Santiago a Ortoño.

Ademais, Manuel e Rosalía viviron fóra de Galiza, el en Cádiz e ela en Madrid . Tamén, era importante para eles, os países a onde emigraron os nosos devanceiros, amigos e amigas .Para Varela era Arxentina, onde marchou cun soño: escribir e representar teatro en galego. O soño cumpriuse, chegou a ter unha compañía de teatro.

Nas obras, non só transmitían alegría senón, que era unha forma de denunciar as inxustizas sociais, como facía Rosalía nos seus poemas .

Non podemos esquecer, que os dous apostaron polo noso idioma facéndoo vivir até os nosos días .

Por outra banda, as aportacións que fixeron a literatura foron moitas. Varela creando teatro e Rosalía maioritariamente, poesía .Teatro e poesía que levaron a nosa terra por bandeira, sempre amándoa e respectándoa ata o día da súa morte.

Para concluír, Rosalía deixou unha ventá chea de luz que fixo que, Manuel Daniel Varela Buxán seguira eses pasos inspiradores, que deixou a nosa musa.


Autora da imaxe: Rosa Cabanas

1 comentario:

  1. 👍👏 sempre é un pracer coñecer información de escritores da nosa terra.

    ResponderEliminar