lunes, 1 de febrero de 2021

DESEXO DE NADAL (María A- Firulas)

 Aquela maña Xián espertou moi canso, non puido durmir moito porque non deixaba de pensar en que xa quedaba moi pouco para a noite de reis, e sabia aos seus 7 anos a importancia de esa noite tan máxica.

Levaba meses esperando polo único regalo que de verdade desexaba, aínda que todos lle preguntaban el non llo quixo dicir a ninguén, a súa nai todas as noites antes de durmir dicíalle “Xián xa queda menos para o Nadal, que lle vas pedir os reis magos??”Xián quedaba ficando cara a súa nai e sorría , despois pechaba os ollos e facíase o durmido.

Así pasaron os días, unha tarde o seu avó Ramiro levouno ao Centro Comercial, pasearon, miraron moitos escaparates e incluso entraron nunha tenda de xoguetes, o avó cada pouco preguntáballe “ves algo que che guste ?” el negaba coa cabeza, aínda que miraba todo con moita cobiza.

Aquela mesma noite antes de quedarse durmido, abriu o caixón da mesilla, sacou unha caixiña de metal, dentro había un papel moi dobrado, desdobrouno con moito coidado e podíase ler a palabra:

“Rodrigo”

No mes de maio Rodrigo o seu mellor amigo tivera que marchar do pobo, seica non tiñan para comer (algo que Xián non podía entender moito),e o seu pai encontrara traballo na cidade.

Así que o único desexo de Xián era volver ver a Rodrigo, para xogar durante horas mentras a nai de Xián lles preparaba enormes bocatas de chourizo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario